IniciosociedadeA Xunta confina Burela e limita a mobilidade en Viveiro, Xove, Cervo,...

A Xunta confina Burela e limita a mobilidade en Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo

Os burelaos non poderán saír durante cinco días nin tampouco se deixará entrar na vila; os residentes dos outros cinco concellos terán permitido desprazarse entre estes municipios

Publicada o

EFE. A Xunta de Galicia anunciou este venres un endurecemento do confinamento en Burela, de onde os veciños non poderán saír no próximos cinco días, mentres que os veciños de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo só poderán desprazarse entre os devanditos municipios.

182 POSITIVOS, CUN SALDO DE 17 MÁIS

Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na que detallou que o número total de casos activos de covid-19 no brote da Mariña medrou en 17 -contando o saldo entre novos positivos e altas-, ata os 182, aínda que todos eles “déronse en contactos que xa estaban illados”, polo que “parece que o brote está acoutado”, argumentou.

CINCO HOSPITALIZADOS

Así mesmo, o número de persoas ingresadas no Hospital Público da Mariña é de cinco, aínda que está previsto “se todo sae ben” dar a alta a tres delas. O resto de positivos, segundo detallou o conselleiro, “son asintomáticos ou ten síntomas leves” e permanecen nos seus domicilios.

ZONAS “QUENTE”, “LARANXA” E “FRÍA”

O comité clínico da Xunta sinalou Burela como o “punto quente” do brote, mentres que Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo representan unha “zona laranxa”, e os demais municipios da Mariña, que “rexistraron poucos ou ningún caso”, serían “a zona fría”, cuxos veciños poden abandonar a comarca. Isto significa que os veciños do Vicedo, Ourol, Alfoz, O ValadouroMondoñedo, Lourenzá e Trabada quedarán libres da normativa, agás da prohibición de entrar nos municipios perimetrados. Os habitantes da Pontenova e Riotorto levan exentos desde o inicio do peche ao non pertencer ao distrito sanitario da bisbarra.

MANTERANSE A OBRIGATORIEDADE DE MÁSCARA E OS LÍMITES DE AFORO

Estas restricións á mobilidade publicaranse nun Diario Oficial de Galicia (DOG) extraordinario e entrarán en vigor a partir das 00.00 horas deste sábado; manteranse as limitacións en aforos, a obrigatoriedade da máscara e a limitación do horario de apertura de locais de lecer nocturno ata as 00.00 horas.

EXCEPCIÓNS

“A epidemia que afecta á comarca non está terminada, non se acabou, por iso mantemos algunhas medidas, pero levantamos parte das restricións de mobilidade”, expuxo o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Posteriormente, precisou que, aínda que non está permitido entrar nin saír de Burela, isto non afecta os accesos ao Hospital da Costa nin aos desprazamentos polas estradas que atravesan o municipio, así como ás excepcións xa previstas, como motivos laborais, sanitarios ou a atención de persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...